Os nervios empezan a aflorar! que ganas temos de que chegue o día, que o celebremos, que o pasemos ben, que todo saia perfecto.
Os papeis xa foron entregados no Concello de Redondela e a pesar de facelo hai unha semana, onte recibimos unha chamada do Concello reclamándoos, nalgún departamento do Concello deben estar, esperemos que os atopen! ( de momento non nolos volveron reclamar).
A lista de convidados está por pechar xa que estamos pendentes dun par de persoas que non confirmaron, esperamos que o fagan nestes días pois temos que enviar a lista e a composición das mesas.
Por outra banda, algúns de vós nos reclamades o mellor xeito de chegar á Casona da Torre, Vou deixar aquí un mapa da zona para que vos guiedes mellor, de todos os xeitos se non vos valen as indicacións podedes chamarnos.

los nervios están que no aguantan..eso no que no es mi boda...pero es igual es mi primo quien se casa...jajaja a disfrutar toca.
ResponderEliminar