Máis fotos! e as que faltan!, Seguimos a recibir as fotos que fixestes no día da voda e a verdade é que non sabemos como agradecervos que nos servírades de fotógrafos ese día. A día de hoxe temos unha colección de fotos que case chega ás dúas mil.
Cando teñamos todas porémonos mans á obra e faremos un álbum de fotos físico para que aqueles que non teñan acceso a internet podan tamén velas ( estamos pensando especialmente nas nosas náis )
Deixamosvos aquí unha ligazón directa aos álbumes recollidos no lateral dereito do blog.
Por certo, Alejandro xa se fai sentir na barrigiña de Graciela.
Bicos e apertas