domingo, 23 de septiembre de 2012

O día despois


Grazas a todos por este día tan especial para nós, Esperamos que o pasárades moi ben. No día seguinte é hora de valoracións e pola nosa parte pensamos que todo saíu perfecto e ata nos acompañou o tempo!

O luns 24 partimos de viaxe de noivos, á volta compartiremos con vós as nosas experiencias e fotos da voda e viaxe. 

Este blog segue aberto así que podesde seguir comentando.

jueves, 13 de septiembre de 2012

A menos de dez días

Os nervios empezan a aflorar! que ganas temos de que chegue o día, que o celebremos, que o pasemos ben, que todo saia perfecto.

Os papeis xa foron entregados no Concello de Redondela e a pesar de facelo hai unha semana, onte recibimos unha chamada do Concello reclamándoos, nalgún departamento do Concello deben estar, esperemos que os atopen! ( de momento non nolos volveron reclamar).

A lista de convidados está por pechar xa que estamos pendentes dun par de persoas que non confirmaron, esperamos que o fagan nestes días pois temos que enviar a lista e a composición das mesas.

Por outra banda, algúns de vós nos reclamades o mellor xeito de chegar á Casona da Torre, Vou deixar aquí un mapa da zona para que vos guiedes mellor, de todos os xeitos se non vos valen as indicacións podedes chamarnos.



martes, 4 de septiembre de 2012

A menos de vinte días.

Xa case temos os papeis, o máis importante para casar, só nos falta recollelos no Rexistro Civil de Redondela e entregalos no Concello de Redondela. Polo demais xa case está todo a punto: traxe da noiva, do noivo, o menú, a cerimonia, a música ...

Estamos pendentes tamén de algunhas confirmacións de invitados para rematar a configuración das mesas, esperamos que os rezagados se manifesten pronto, para poder pechar as mesas.


A despedida de soltería do noivo foi todo un éxito e de seguro que o da noiva tamén o será.

Os nervios empezan a aflorar por que xa estamos na conta atrás!

Saúdos 

Graciela e Xosé