domingo, 11 de marzo de 2012

Casamos!




Efectivamente casamos. Para que esperar máis? se a vida nos sonríe  e así o queremos os dous, pois adiante.

Se recibes un correo con este blog é que podes darte como convidado a celebralo con nós.

Gustaríanos contar coa vosa presencia nese gran día 
A data : o 22 de setembro do 2012.
O lugar : A Casona da Torre ( Redondela).


A partir de agora este blog será a vía para comunicarmos con vós. Esperamos que a nova vos faga tan felices como nos fixo a nós e que ese día sexa un marabilloso día de festa.

Quédannos moitas cousas por facer: papeleo, invitacións, menú e moitas cousas máis das que agora non nos dámos de conta pero que irán saíndo co tempo. Disto e todo o demais teredes cumprida información

Seguiremos informando