lunes, 3 de diciembre de 2012

Novas fotos

Xa estamos en disposición de publicar novas fotos que nos fixeron chegar Anxo e Luis e Lupe.

 Fotos de Luis e Lupe
 Fotos de Anxo

Grazas a todos por estes recordos.

Con estas fotos xa non temos perdón se non nos poñemos  a facer un bo álbum de fotos.


Saúdos

sábado, 27 de octubre de 2012

Seguimos actualizando o blog

Máis fotos! e as que faltan!, Seguimos a recibir as fotos que fixestes no día da voda e a verdade é que non sabemos como agradecervos  que nos servírades de fotógrafos ese día. A día de hoxe temos unha colección de fotos que case chega ás dúas mil.

Cando teñamos todas porémonos mans á obra e faremos un álbum de fotos físico para que aqueles que non teñan acceso a internet podan tamén velas ( estamos pensando especialmente nas nosas náis )

Deixamosvos aquí unha ligazón directa aos álbumes recollidos no lateral dereito do blog.



Por certo, Alejandro xa se fai sentir na barrigiña de Graciela.


Bicos e apertas

domingo, 23 de septiembre de 2012

O día despois


Grazas a todos por este día tan especial para nós, Esperamos que o pasárades moi ben. No día seguinte é hora de valoracións e pola nosa parte pensamos que todo saíu perfecto e ata nos acompañou o tempo!

O luns 24 partimos de viaxe de noivos, á volta compartiremos con vós as nosas experiencias e fotos da voda e viaxe. 

Este blog segue aberto así que podesde seguir comentando.

jueves, 13 de septiembre de 2012

A menos de dez días

Os nervios empezan a aflorar! que ganas temos de que chegue o día, que o celebremos, que o pasemos ben, que todo saia perfecto.

Os papeis xa foron entregados no Concello de Redondela e a pesar de facelo hai unha semana, onte recibimos unha chamada do Concello reclamándoos, nalgún departamento do Concello deben estar, esperemos que os atopen! ( de momento non nolos volveron reclamar).

A lista de convidados está por pechar xa que estamos pendentes dun par de persoas que non confirmaron, esperamos que o fagan nestes días pois temos que enviar a lista e a composición das mesas.

Por outra banda, algúns de vós nos reclamades o mellor xeito de chegar á Casona da Torre, Vou deixar aquí un mapa da zona para que vos guiedes mellor, de todos os xeitos se non vos valen as indicacións podedes chamarnos.



martes, 4 de septiembre de 2012

A menos de vinte días.

Xa case temos os papeis, o máis importante para casar, só nos falta recollelos no Rexistro Civil de Redondela e entregalos no Concello de Redondela. Polo demais xa case está todo a punto: traxe da noiva, do noivo, o menú, a cerimonia, a música ...

Estamos pendentes tamén de algunhas confirmacións de invitados para rematar a configuración das mesas, esperamos que os rezagados se manifesten pronto, para poder pechar as mesas.


A despedida de soltería do noivo foi todo un éxito e de seguro que o da noiva tamén o será.

Os nervios empezan a aflorar por que xa estamos na conta atrás!

Saúdos 

Graciela e Xosé


lunes, 23 de julio de 2012

E como vai a cousa?

A cousa vai ben e xa é bastante, a día de hoxe case temos entregadas todas as invitacións, a falta dunhas poucas, aínda que case non fai falla por que hoxe en día coas novas tecnoloxías todos estades avisados.

Tamén temos as alianzas, agasallo da miña madriña Maruja. Despois de ver a enorme variedade de alianzas costounos escoller unhas pero xa está, xa son nosas.

O que nos preocupa e a tardanza dos papeis, hoxe día 23 de xuño hai tres meses que iniciamos os trámites no Rexistro Civil de Vigo e aínda non nos chamaron para darnos os papeis. Imos a esperar a primeiros de agosto, se aí non recibimos a documentación haberá que pórse en contacto co funcionario e darlle présa.

Restan dous meses polo esperamos ir recibindo confirmacións de asistencia de aqueles que non nola deron.

Un saúdo   que xa queda menos!

miércoles, 23 de mayo de 2012

Nuestras gestiones a día de hoy

Hola;
Pues bien, hoy hemos firmado, bueno han firmado el "consentimiento" de nuestro enlace de la conyuge de Vigo (yo)...La verdad es que fue un poco paripé, no hubo nada de preguntas tipo " ¿ y qué marca de crema usa...?" etc jeje..bueno que todo bien, y nos gustó contar con la firma de mi tía Adita(que no ve este blog por cierto) y de mi cuñado José, a deshora pero bueno, bien jeje.
Así que ya está lanzado el trámite que tardará dos meses en hacerse oficial.....
Pues ya me despido un beso a todos y cada uno..Muuuak